martes, 27 de enero de 2009

Crónica do curso Chiron 2.0: Clásicas en el aula

“O meu amigo e compañeiro, o avogado do diaño”

-Boas tardes. Por favor, a aula de informática?
-Por ese corredor, ao final, á esquerda.
-Grazas
-Toc,toc, desculpe trabuqueime.
Volvín sobre os meus pasos pensando que me tiña enganado de centro. Rebusquei nos meus petos e atopei o papel en que apuntara o nome do centro no que se impartía o curso: IES Xelmirez I. Aínda que ía de oínte, interesábame asistir.
-Desculpen outra vez ¿neste centro hai outro curso?
-Non, o que se está impartindo é na aula de informática.
-Grazas.
Recorrín de novo o corredor e decidido entrei na aula. Había unha profesora, xiz en mano, falando e escribindo no encerado. Os “alumnos/as” collían notas nos seus cadernos. Nervioso busquei cos meus ollos o meu amigo e compañeiro polo medio daquela morea de ordenadores. Atopeino e cun aceno de ollos comunicámonos. Ao acabar de falar a relatora, colleu a palabra outra persoa que debía ser unha das organizadoras do curso e pediulle que fixeran as tarefas e que,unha delas, podía ser, escribir unha pequena crónica en que contaran a súa impresión do curso e das grandes dificultades técnicas habidas e a súa posible repercusión no curso .
Deseguido saín e esperei fóra o meu compañeiro. Chegou de inmediato acompañado doutros antigos colegas de carreira e de traballo.
-Ola. Xa vexo como manexades as Tic mostrándolles un bolígrafo. Riron.
- Non é que non tivemos internet en todo o día e non podemos facer as prácticas polo que tiraron das explicacións teóricas e xa sabes… ben, en realidade eu tampouco tiven conexión onte pois o meu portátil ten Windows Vista e non fomos quen de conectar. É un paradoxo, nun curso de Moodle, Blogs, Wikis etc, non toquei unha tecla de ordenador. Iso si, polo menos abríronseme novas portas que sabía que existían pero que descoñecía totalmente e ademais pódeme permitir dar o salto definitivo (espero que con paracaídas) na procura de novos modelos que levo anos pescudando. Por iso, penso embarcarme nesta nova travesía en que espero non acabar desnortado. Ademais eles son coñecedores das dificultades acaecidas e serán benévolos cos erros.
- É dicir, que en lugar de chamar ao curso “ Das xiz ás Tics” podédelo chamar “ Das Tics ás xiz”
-Rimos …

2 comentarios:

  1. Jeje... Espero que no tengamos demasiadas caídas de red a lo largo de este módulo (ya sé que por esos lares habéis estado padeciendo la falta de luz por el tiempo: ¿cómo lo lleváis?). Bienvenido

    ResponderEliminar
  2. Un saúdo e felicidades por ter acadado o éxito no lector RSS. Eu ando a voltas con ese tema. Intento dominar as Tics, pero aínda non podo deixar as xiz.

    ResponderEliminar