jueves, 2 de diciembre de 2010

miércoles, 1 de diciembre de 2010

ACTA DO XURADO DA 5ª EDICIÓN DOS
PREMIOS EDUCACOMPOSTELA 2007

Logo da convocatoria do Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago de Compostela e o movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega, para elixir as persoas galardoadas na V edición dos Premios Educacompostela, creados co obxecto de recoñecer, promover, premiar e difundir aqueles materiais educativos que polo seu valor e interese poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica.
Despois das oportunas deliberacións, o xurado acorda o seguinte:
En primeiro lugar agradecer a participación dos diferentes grupos de traballo que concorreron a esta V edición dos Premios Educacompostela deixando constancia da calidade, diversidade e importante incremento de participantes, o que provocou unha longa deliberación polo xurado e que dá a medida do interese do profesorado de Galicia por innovar e elaborar propostas que poidan servir de modelo ou de guía para o quefacer educativo nas nosas aulas. Quere destacar tamén a variedade de temáticas recollidas nos traballos presentados nesta edición: medio ambiente, novas tecnoloxías, muller, música, matemáticas, literatura, arte, etnografía, xeografía, educación física…
Logo das oportunas deliberacións, o xurado acordou:


3º premio, para o traballo titulado “Nova antoloxía latina” presentado por Óscar Sánchez Vidal, do IES Portovello de Ourense.

Comentario:
O xurado quere salientar o importante esforzo realizado para crear a primeira antoloxía latina escrita en galego e pensada para facer posíbel o ensino do latín na nosa lingua e a procura de métodos anovadores e recursos didácticos que permitan superar as dificultades que se están a dar nunha lingua ameazada por un crecente desprestixio. A compilación de refráns latinos, a utilización de artigos xornalísticos, entre outros, promove a aplicación dunha metodoloxía activa, dialogante, flexíbel, aberta e investigadora na aula.
Este traballo convértese pois nunha proposta didáctica cunha gran practicidade para todos aqueles que traballan no ensino do latín.

Para poder ver parte deste traballo deixo o seguinte enlace Nova Antoloxía Latina

viernes, 26 de noviembre de 2010

LATINISMOS E EXPRESIÓNS LATINAS

A resolución dos premios á innovación educativa convocados pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia no DOG do 19 DE XULLO de 2004 (xa choveu) resolve a concesión do terceiro premio á innovación educativa a experiencias que supoñan innovacións metodolóxicas e didácticas sobre calquera área ao traballo " Para unha ensinanza activa do Latín:latinismos e expresións latinas colleita da prensa" do profesor Óscar Sánchez Vidal.
Non quero rematar sen agradecer -suum cuique- ao alumnado do curso polo seu interese e pola achega de suxestións, das que é debedora algunha parte da estructura desta experiencia didáctica.

Pode ser interesante consultar este artigo que fala da experiencia didáctica que se fixo no IES Portovello de Ourense tendo como base de traballo as locucións latinas, cando aínda, non eran materia de exame no selectivo O latín, unha lingua moi viva.