miércoles, 1 de diciembre de 2010

ACTA DO XURADO DA 5ª EDICIÓN DOS
PREMIOS EDUCACOMPOSTELA 2007

Logo da convocatoria do Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago de Compostela e o movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega, para elixir as persoas galardoadas na V edición dos Premios Educacompostela, creados co obxecto de recoñecer, promover, premiar e difundir aqueles materiais educativos que polo seu valor e interese poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica.
Despois das oportunas deliberacións, o xurado acorda o seguinte:
En primeiro lugar agradecer a participación dos diferentes grupos de traballo que concorreron a esta V edición dos Premios Educacompostela deixando constancia da calidade, diversidade e importante incremento de participantes, o que provocou unha longa deliberación polo xurado e que dá a medida do interese do profesorado de Galicia por innovar e elaborar propostas que poidan servir de modelo ou de guía para o quefacer educativo nas nosas aulas. Quere destacar tamén a variedade de temáticas recollidas nos traballos presentados nesta edición: medio ambiente, novas tecnoloxías, muller, música, matemáticas, literatura, arte, etnografía, xeografía, educación física…
Logo das oportunas deliberacións, o xurado acordou:


3º premio, para o traballo titulado “Nova antoloxía latina” presentado por Óscar Sánchez Vidal, do IES Portovello de Ourense.

Comentario:
O xurado quere salientar o importante esforzo realizado para crear a primeira antoloxía latina escrita en galego e pensada para facer posíbel o ensino do latín na nosa lingua e a procura de métodos anovadores e recursos didácticos que permitan superar as dificultades que se están a dar nunha lingua ameazada por un crecente desprestixio. A compilación de refráns latinos, a utilización de artigos xornalísticos, entre outros, promove a aplicación dunha metodoloxía activa, dialogante, flexíbel, aberta e investigadora na aula.
Este traballo convértese pois nunha proposta didáctica cunha gran practicidade para todos aqueles que traballan no ensino do latín.

Para poder ver parte deste traballo deixo o seguinte enlace Nova Antoloxía Latina

No hay comentarios:

Publicar un comentario